Banco de Datos

Grupos de Hábitats

Manual de Hábitats de Galicia.

Grupo de Hábitats

Galicia ten representados os 9 grupos de hábitats de interese comunitario definidos pola DC 92/43/CEE. De entre todos eles, o grupo de Hábitats costeiros e vexetación halofítica é o que posúe un maior número de hábitats (13), seguido polo grupo de Bosques (12).

No entanto, o grupo de Turbeiras altas, turbeiras baixas (fens e mires) e áreas lamacentas é, de Galicia, o que conta cunha proporción máis importante de tipos,ao incluír o 66,67% dos hábitats deste grupo no seu territorio. Por outra parte, os hábitats pertencentes ás Matogueiras esclerófilas son os que posúen unha menor representación, ao contar Galicia con dous hábitats deste grupo de carácter mediterráneo.

O grupo de hábitats que ostenta unha menor representación é o de Matogueiras esclerófilas, no que unicamente se teñen identificados dous hábitats para o territorio galego, tratándose en todo caso de dous tipos prioritarios, o Nat2000 5120* Formacións montanas de Genista purgans e o Nat2000 5230* Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis.



A listaxe de grupos e tipos de hábitats do Anexo I da DC 92/43/CEE presentes en Galicia móstrase a continuación. No conxunto dos nove grupos de hábitats descritos, relaciónanse no territorio galego un total de 72 tipos de interese comunitario, dos cales 18 son considerados como prioritarios.