Banco de Datos

I.- Hábitats de Galicia

Manual de Hábitats de Galicia. Versión Web (2017)

Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. (Ramil-Rego et al. 2008)
 
No ano 2008, coincidindo co centenario da publicación da Flora ilustrada e Descritiva de Galicia (1905-1909), o IBADER publicaba en formato dixital o libro: Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. En homenaxe ao ilustre botánico galego, R.P. S.J. Baltasar Merino e Román [Lerma, Burgos, 06/01/1845, Vigo, Pontevedra, 03/06/1917].

 

Portadas do libro: Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia (Ramil-Rego et al. 2008)


O manual de hábitats galego tivo unha gran aceptación tras a súa publicación, logrando unha rápida e ampla difusión tanto en Galicia, como a nivel internacional. Transcorridos oito anos, a obra segue estando vixente, e constitúe unha referencia científico-técnica para a caracterización e descrición dos hábitats de interese comunitario en Galicia, acorde cos criterios establecidos pola Comisión Europea. Dada a súa vixencia e a fin de favorecer o acceso aos seus contidos, decidiuse incluír dentro da páxina web do IBADER unha versión que facilite o acceso aos distintos contidos e ás fichas de cada un dos tipos de hábitats.
 
O acceso público desta versión se inicial o día do Apóstolo (25/07/2017), do ano en que se celebra o centenario da morte de Baltasar Merino e Román. Con iso o IBADER quere sumarse aos actos que ao longo deste ano foron promovidos por distintas institucións e entidades galegas, en evocación do seu gran labor científico, que aínda segue sendo fundamental para o coñecemento da natureza de Galicia.

 

R.P. S.J. Baltasar Merino e Román [1845,1917] e portada do tomo III da Flora Descriptiva e Ilustrada de Galicia


Bibliografía de Baltasar Merino e Román no portal Albun dá Ciencia do Consello da Cultura Galega [Ligazón: CCG]
 
___________________________________________________________


Autores: Pablo Ramil Rego; Manuel Antonio Rodríguez Guitián; Javier Ferreiro da Costa; Marco Rubinos Román; Luis Gómez-Orellana Rodríguez; Belén de Nóvoa Fernández; Boris Alejandro Hinojo Sánchez; Susana Martínez Sánchez; Carmen Cillero Castro; Ramón Alberto Díaz Varela; Patricia María Rodríguez González & Castor Muñoz Sobrino.

Título: Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Tomo 1.- Descrición e Valoración Territorial. Tomo 2.- Fichas Descritivas.
Ano: 2008

ISSN edición impresa: 1888-5810
ISSN edición dixital: 1988-8341
Depósito Legal: C 173-2008
Copyright: IBADER

Citación:

Ramil Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Ferreiro da Costa, J.; Rubinos, M.; Gómez-Orellana, L.; de Nóvoa Fernández, B.; Hinojo Sánchez, B.A.; Martínez Sánchez, S.; Cillero Castro, C.; Díaz Varela, R.A.; Rodríguez González, P.M. & Muñoz Sobrino, C. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Tomo 1.- Descrición e Valoración Territorial. Tomo 2.- Fichas Descritivas. Monografías do Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.

Ramil-Rego, P. et al. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Tomo 1.- Descrición e Valoración Territorial. Tomo 2.- Fichas Descritivas. Monografías do Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.

Descarga:

Descarga Tomo - 1: (Enlace-IBADER)
Descarga Tomo - 2: (Enlace-IBADER)

Mais Informacion:

Ramil-Rego, P. & Crecente Maseda, R. (Coord.). (2012). Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Documento Técnico. Dirección Xreal de Conservación da Natureza, Conselleria do Medio Rural (Xunta de Galicia)  & Instittuo de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, IBADER (USC). Santiago de Compostela. 1 Vol. 1-233 + 8 Anexos. [Enlace-IBADER]