Información Universidade de Verán (2019)

 
INFORMACION UNIVERSIDADE DE VERÁN 2019
http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/index.html



 
1.- CRÉDITOS E DIPLOMA DE ASISTENCIA 


A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2019 a efectos de créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu alumnado coa seguinte equivalencia, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso:

  • 2 créditos por cada curso de 25 ou máis horas (máximo 6 créditos en total)
  • 1 crédito por cada curso de menos de 25 horas (máximo 6 créditos en total)

2.- IMPORTE DA MATRÍCULA


Taxa xeral:

  • 120 € para os cursos de 25 ou máis horas
  • 70 € para os cursos de menos de 25 horas

Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC:

  • 70 € para os cursos de 25 ou máis horas
  • 40 € para os cursos de menos de 25 horas

A parte, todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non ter formalizada matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2018-19 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2018/19 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que terá un custe de 16€.

UNHA VEZ REALIZADA A MATRÍCULA, NON SE EFECTUARÁN DEVOLUCIÓNS AGÁS NO CASO DE SUSPENSIÓN DO CURSO.


3.- PRAZO DE MATRÍCULA


Ábrese o prazo o 15 de maio

Acaba o prazo, secuencialmente:

  • 31 de maio para os cursos que se celebran na semana do 10 de xuño
  • 7 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 17 de xuño
  • 14 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 24 de xuño
  • 21 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 1 de xullo
  • 28 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 8 de xullo
  • 5 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 15 de xullo
  • 12 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 22 de xullo
  • 19 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 29 de xullo
  • 20 de agosto para os cursos que se celebran a partir do 26 de agosto

NON SERÁ POSIBLE REALIZAR A INSCRICIÓN FÓRA DESTES PRAZOS. 



4.- FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA


Consulten a lista de cursos así como o programa de contidos do/s curso/s que lle poidan interesar. Unha vez que teña decidido o/s curso/s, pode formalizar a matrícula por tres vías:

4.1.- On-line

Directamente nesta páxina web, premendo sobre o botón MATRICÚLATE do curso desexado. Sigan as instrucións en cada paso.

Se o curso ten límite de alumno/as, a aplicación indicará se quedan prazas libres e, de non ser así, daralle a opción de entrar nunha lista de agarda. No caso de que se produza algunha baixa, recibirá unha notificación por se aínda desexa inscribirse.

O pagamento poderá realizarse directamente con tarxeta ou ben imprimindo a folla de pagamento e realizar o ingreso na entidade bancaria, tendo 5 días naturais para facer o pago; de non ser así, a inscrición quedará cancelada. En calquera dos casos, haberá que remitir á secretaría da Universidade de Verán (correo electrónico, correo ordinario ou en persoa) o xustificante de ter pagado para confirmar a súa inscrición. Así mesmo, as persoas desempregadas, pensionistas ou estudantes que non sexan da USC deberán acompañar copia do xustificante que acredite a súa condición para acollerse á taxa reducida.

4.2.- Presencial 

Acudindo a algún dos centros de matriculación referidos máis abaixo. 

As persoas desempregadas, pensionistas ou estudantes que non sexan da USC deberán acreditar a súa condición para acollerse á taxa reducida.

Na secretaría, unha vez cumprimentados os datos persoais, entregaráselle unha folla para realizar o pagamento na entidade bancaria da que deberán remitir á secretaría da Universidade de Verán (correo electrónico, correo ordinario ou en persoa) o xustificante de ter pagado para confirmar a súa inscrición.

4.3.- Por teléfono

No caso de imposibilidade de facer a inscrición por internet ou presencialmente, contacten por teléfono con unha das dúas secretarías da Universidade de Verán onde se lle dará instrucións para realizar a matrícula.


5.- CENTROS DE MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN


Campus de Compostela:

Área de Cultura – Casa da Balconada
Rúa Nova, 6
Teléfonos 881811018 e 881811103 

Campus de Lugo:

Área de Cultura - Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade
Teléfono 982821513

cursosdeveran@usc.es

www.usc.es/cultura/veran