Presentación

O IBADER imparte a súa actividade docente (primeiro e segundo ciclo) nas titulacións da Escola Politécnica Superior, da Facultade de Veterinaria, da Facultade de Administración e Dirección de Empresas e da Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo. Analogamente, o persoal do IBADER participa activamente nos distintos programas de doutoramento da Universidade de Santiago centrados na análise da biodiversidade e o medio ambiente, os sistemas de produción agrícola, gandeira, forestal e o desenvolvemento rural. En canto aos cursos de formación e extensión universitaria, a actividade do Ibader céntrase na organización de Cursos de Verán, dentro da programación da Universidade de Santiago, que buscan o acercamento do público en xeral e dos estudantes de segundo e terceiro ciclo en particular, a temas de interese sobre a xestión da biodiversidade, os sistemas de produción agrícola, gandeiro, forestal e o medio rural.

O IBADER colabora ademais con distintas entidades galegas na organización de diversos cursos de formación, entre eles cabe destacar os relativos á Rede Mundial de Reservas da Biosfera, a Rede Natura 2000, e os dirixidos a agricultores e gandeiros relativos á melloras das explotacións e a problemática do tratamento dos residuos de orixe agrícola.

Ibader Ibader Ibader Ibader