Ambiental

A liña Ambiental desenvólvese a través dunha investigación científico-técnica aplicada, vertebrada cara á xestión e ordenación do espazo rural, e vinculada en consecuencia coas políticas e organismos que exercen as competencias sobre Ordenación Territorial, Biodiversidade e Desenvolvemento Rural, os tres grandes alicerces sobre os que se sustenta esta liña. O IBADER aspira a ser un referente para Galicia nas temáticas de Ordenación Territorial, Biodiversidade e Desenvolvemento Rural. Empregando ademais a experiencia xerada no territorio galego como modelo para ser desenvolvido noutros contextos territoriais especialmente na Rexión Atlántica da Unión Europea, así como en Iberoamérica.

Dentro da liña Ambiental establécense 3 grandes prioridades interconexionadas a través do concepto de sustentabilidade: Ordenación e desenvolvemento sustentable do territorio, Biodiversidade e Economía sustentable, con distintos ámbitos de actuación:

Grandes prioridades e ámbitos concretos de actuación en I+D+i
Ordenación e desenvolvemento sustentable do territorio
Políticas, institucións e gobernanza territorial
Dinámicas de uso e tenencia de terras
 Desenvolvo rural
Tecnoloxías de información xeoespacial
Cooperación para o desenvolvemento
Biodiversidade
Cambio global - cambio climático
Análise e xestión do patrimonio natural e a biodiversidade
Planificación da paisaxe e das áreas protexidas
Restauración e rehabilitación ambiental: Areas incendiadas
Xestión e control de especies exóticas invasoras
Economía sustentable
Valoración económica de activos intangibles
Análises socio-económico de contextos locais
Desenvolvemento de modelos de creación de valor sustentable