Novas

Novas

2018/04/09: La UNESCO decidirá en Junio las nuevas Reservas de Biosfera.
El Consejo Internacional de Coordinación del programa de la UNESCO sobre el Hombre y la Biosfera (MAB) se reunirá del 8 al 12 de junio del 2018 en la sede de la Organización en París para inscribir nuevas reservas en la Red Internacional de Reservas de Biosfera.

2018/04/03: Medio Ambiente e concellos presentan os primeiros avances da futura Estratexia de infraestrutura verde da área da Coruña co obxectivo de ter listo o borrador este verán
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e os rexedores dos concellos desta zona xeográfica mantiveron esta mañá a súa segunda reunión de traballo durante a que presentou un documento preliminar no que se recollen os feitos, retos e propostas a avaliar en materia de desenvolvemento sustentable para esta área A Xunta adiántase con este proxecto ao requirimento do Goberno de España co fin de garantir a protección da biodiversidade en áreas urbanas e tamén rurais O desenvolvemento do proxecto terá catro etapas e proporase ata o final como un proceso participativo e a desenvolver da man das administracións locais

A directora xeral de Patrimonio Natural indicou que o estudo xeotécnico complementario foi encargado con carácter urxente, polo que os traballos iniciais de observación da zona comezarán de inmediato Ana María Díaz aclara que o estudo de recomendacións, encargado pola Xunta en setembro, sinala que as praias da rasa cantábrica presentan estruturas inestables, polo que reforzou a información aos usuarios sobre posibles derrubamentos nas Catedrais

2018/03/23: Presentación de LIFE BACCATA e LIFE FLUVIAL en Ribadeo
A presentación dos proxectos realizouse con motivo dunhas xornadas sobre as Reservas da Biosfera celebradas en Ribadeo (Lugo), nas que participaron distintos integrantes do Consello Científico e do Consello de Xestores do Comité Español do Programa Home e a Biosfera da UNESCO, de xeito que se amosaron os obxectivos e actuacións de ambos os dous proxectos nas Reservas da Biosfera Cantabro-Atlánticas e Pirenaicas

2018/03/23:O novo sistema de acceso ao Parque Nacional de Illas Atlánticas entrou hoxe en funcionamento con normalidade
A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, supervisou esta mañá o embarque dos primeiros visitantes ás Illas Cíes, con motivo da entrada en funcionamento do novo modelo de acceso posto en marcha pola Xunta dende hai unha semana sen incidencias destacables Os cambios e melloras introducidas pola Xunta para poder visitar as Illas Atlánticas pretenden ofrecer un mellor e maior control na entrada ao parque e polo tanto a súa maior protección A responsable de Patrimonio Natural avanzou que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o inicio do proceso de información pública do Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia Prevese que o Plan Reitor poida ir ao Consello da Xunta para a súa aprobación como Decreto no último trimestre do ano

2018/03/22:Medio Ambiente axilizará os controis de acceso ás Catedrais coa implantación desde mañá dun novo sistema de lectura de códigos QR
O persoal responsable de controlar o fluxo de visitantes á praia disporá dunha nova aplicación móbil coa que será máis rápido e eficaz verificar as autorizacións O período de limitación de acceso á zona do areal estenderase desde mañá, 23 de marzo, ata o vindeiro 2 de abril, cun cupo máximo diario de 4.812 persoas Haberá catro educadores ambientais, dous máis que a Semana Santa pasada, que ofrecerán cada día entre catro e oito visitas guiadas ao monumento natural

Tal e como avanzara a directora xeral de Patrimonio Natural, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se inicia este trámite de consulta do documento de inicio, previo á súa información pública O obxectivo é acadar un documento que sirva para conservar o parque natural regulando os usos que se desenvolven, co fin último de que a xestión deste espazo permita compatibilizar a actividade tradicional coa preservación do medio

2018/03/21:Xunta e sector turístico colaborarán esta Semana Santa na difusión do novo sistema de acceso a Cíes entre os visitantes
Para poder visitar o arquipélago, os viaxeiros deberán solicitar previamente un permiso administrativo, persoal e intransferible, a través da web habilitada a tal fin Ata o momento emitíronse xa 1.500 autorizacións a través do novo sistema, que leva algo máis dunha semana funcionando sen incidencias destacables As directoras de Patrimonio Natural e de Turismo de Galicia reuníronse hoxe con representantes de axencias de viaxes co fin de coñecer as súas impresións e analizar as novidades introducidas para poder visitar o parque

2018/03/16: Medio Ambiente contará este ano cunha estratexia para a implementación da Infraestrutura Verde de Galicia
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio salienta a necesidade de contar cunhas indicacións sobre como deberían xestionarse estas zonas, que usos se deben promover e que características deberían cumprir as diferentes actividades Destaca o traballo realizado polos distintos grupos de investigación que permitiron identificar catro zonas distintas na Infraestrutura Verde de Galicia, zonas de núcleo, corredores ecolóxicos, áreas de amortiguación e zonas multifuncionais