Novas

2018/03/23: Presentación de LIFE BACCATA e LIFE FLUVIAL en Ribadeo
A presentación dos proxectos realizouse con motivo dunhas xornadas sobre as Reservas da Biosfera celebradas en Ribadeo (Lugo), nas que participaron distintos integrantes do Consello Científico e do Consello de Xestores do Comité Español do Programa Home e a Biosfera da UNESCO, de xeito que se amosaron os obxectivos e actuacións de ambos os dous proxectos nas Reservas da Biosfera Cantabro-Atlánticas e Pirenaicas

2018/03/23:O novo sistema de acceso ao Parque Nacional de Illas Atlánticas entrou hoxe en funcionamento con normalidade
A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, supervisou esta mañá o embarque dos primeiros visitantes ás Illas Cíes, con motivo da entrada en funcionamento do novo modelo de acceso posto en marcha pola Xunta dende hai unha semana sen incidencias destacables Os cambios e melloras introducidas pola Xunta para poder visitar as Illas Atlánticas pretenden ofrecer un mellor e maior control na entrada ao parque e polo tanto a súa maior protección A responsable de Patrimonio Natural avanzou que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o inicio do proceso de información pública do Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia Prevese que o Plan Reitor poida ir ao Consello da Xunta para a súa aprobación como Decreto no último trimestre do ano

2018/03/22:Medio Ambiente axilizará os controis de acceso ás Catedrais coa implantación desde mañá dun novo sistema de lectura de códigos QR
O persoal responsable de controlar o fluxo de visitantes á praia disporá dunha nova aplicación móbil coa que será máis rápido e eficaz verificar as autorizacións O período de limitación de acceso á zona do areal estenderase desde mañá, 23 de marzo, ata o vindeiro 2 de abril, cun cupo máximo diario de 4.812 persoas Haberá catro educadores ambientais, dous máis que a Semana Santa pasada, que ofrecerán cada día entre catro e oito visitas guiadas ao monumento natural

Tal e como avanzara a directora xeral de Patrimonio Natural, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se inicia este trámite de consulta do documento de inicio, previo á súa información pública O obxectivo é acadar un documento que sirva para conservar o parque natural regulando os usos que se desenvolven, co fin último de que a xestión deste espazo permita compatibilizar a actividade tradicional coa preservación do medio

2018/03/21:Xunta e sector turístico colaborarán esta Semana Santa na difusión do novo sistema de acceso a Cíes entre os visitantes
Para poder visitar o arquipélago, os viaxeiros deberán solicitar previamente un permiso administrativo, persoal e intransferible, a través da web habilitada a tal fin Ata o momento emitíronse xa 1.500 autorizacións a través do novo sistema, que leva algo máis dunha semana funcionando sen incidencias destacables As directoras de Patrimonio Natural e de Turismo de Galicia reuníronse hoxe con representantes de axencias de viaxes co fin de coñecer as súas impresións e analizar as novidades introducidas para poder visitar o parque

2018/03/16: Medio Ambiente contará este ano cunha estratexia para a implementación da Infraestrutura Verde de Galicia
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio salienta a necesidade de contar cunhas indicacións sobre como deberían xestionarse estas zonas, que usos se deben promover e que características deberían cumprir as diferentes actividades Destaca o traballo realizado polos distintos grupos de investigación que permitiron identificar catro zonas distintas na Infraestrutura Verde de Galicia, zonas de núcleo, corredores ecolóxicos, áreas de amortiguación e zonas multifuncionais

2018/03/05:Medio Ambiente analizará a posible inclusión de varios proxectos do concello de Culleredo na futura infraestrutura verde da Coruña
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio estudará a posibilidade de incluír algúns dos proxectos de carácter ambiental nos que traballa o Concello de Culleredo dentro da futura Infraestrutura Verde da Coruña, unha iniciativa pioneira en Galicia e que busca deseñar instrumentos de ordenación integral desta área xeográfica desde un punto de vista medioambiental.

O persoal do Instituto de Estudos do Territorio achegouse esta tarde ao Concello de Cambre para dar a coñecer este proxecto, pioneiro en Galicia, e que tamén visitará os concellos de Oleiros, Sada, Bergondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Curtis, Coirós e Aranga O obxectivo destes encontros é recompilar propostas entre a sociedade civil e distintos axentes socio económicos interesados en facer as súas suxestións Todas as opinións que se recollan serán analizadas durante os traballos de diagnóstico e deseño do proxecto e teranse en conta á hora de planificar o posterior desenvolvemento da iniciativa A Infraestrutura Verde busca garantir a provisión de servizos ambientais e a protección da biodiversidade na área da Coruña a través dunha ordenación do territorio desde un punto de vista ambiental

2018/03/02: Galicia e Portugal presentarán un novo proxecto europeo para continuar co impulso da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, reuniuse esta mañá en Porto con membros do Instituto da Conservaçao da Natureza e das Florestas para analizar o estado da iniciativa ‘Gerês-Xurés Dinámico’ e estudar a súa posible continuidade O investimento comprometido ata o de agora pola consellería ascende a 600.000 euros, o que a converte no socio principal do proxecto As principais actividades previstas para dinamizar a Reserva da Biosfera transfronteiriza están dirixidas a sensibilizar aos veciños sobre os valores e o potencial económico do entorno, atraer o turismo, divulgar a riqueza deste espazo entre os escolares da eurorrexión e apoiar aos xestores da reserva no seu labor

O obxectivo é promover esta experiencia pioneira en Galicia para garantir a provisión de servizos ambientais e a protección da biodiversidade na área da Coruña a través dunha ordenación do territorio desde un punto de vista ambiental Ata comezos de maio, está previsto organizar un total de 19 obradoiros participativos co fin de recompilar propostas entre a sociedade civil e distintos axentes socio económicos interesados en facer as súas suxestións Todas as opinións que se recollan serán analizadas durante os traballos de diagnóstico e deseño do proxecto e teranse en conta á hora de planificar o posterior desenvolvemento da iniciativa