O persoal do Instituto de Estudos do Territorio achegouse esta tarde ao Concello de Cambre para dar a coñecer este proxecto, pioneiro en Galicia, e que tamén visitará os concellos de Oleiros, Sada, Bergondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Curtis, Coirós e Aranga
O obxectivo destes encontros é recompilar propostas entre a sociedade civil e distintos axentes socio económicos interesados en facer as súas suxestións
Todas as opinións que se recollan serán analizadas durante os traballos de diagnóstico e deseño do proxecto e teranse en conta á hora de planificar o posterior desenvolvemento da iniciativa
A Infraestrutura Verde busca garantir a provisión de servizos ambientais e a protección da biodiversidade na área da Coruña a través dunha ordenación do territorio desde un punto de vista ambiental