Novas

2018/02/02: Presentado o proxecto LIFE FLUVIAL en Portugal
Coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Humidais, o proxecto presentouse o pasado 2 de febreiro no Centro de Interpretação Ambiental da Área Protegida e Zona Húmida de Importância Internacional das Lagoas de Bertiandos e S. Pedro de Arcos (Ponte de Lima). O evento contou coa presenza de representantes locais e nacionais, así como membros dos diferentes socios de LIFE FLUVIAL chegados dende distintos puntos de España e Portugal.

2018/02/01: Medio Ambiente conmemora o Día Mundial dos Humidais con varias actividades no complexo intermareal Umia-O Grove e en Corrubedo
A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, distinguiu hoxe como ‘Embaixadores dos humidais’ a un grupo de alumnos e profesores do CEIP A Florida de Sanxenxo tras unha xornada lúdica e didáctica no monte Siradella No Centro de Interpretación dos Ecosistemas do Litoral de Galicia, en Corrubedo, inaugurouse unha mostra temporal con fotos de aves da comunidade autónoma Baixo o lema ‘Humidais para un futuro urbano sustentable’, o obxectivo da efeméride deste ano é poñer en valor a importancia de preservar nun estado saudable as zonas húmidas situadas nas contornas de áreas urbanas

201/02/01: O Goberno galego dá luz verde á creación do Consello Asesor da Paisaxe co fin de avanzar na consolidación dunha nova cultura ambiental en Galicia
Rueda sinala que este organismo nace para fomentar a colaboración entre as Administracións públicas con competencias en materia de paisaxe Indica que a entidade contará con representantes das institucións e expertos e axentes sociais que se encargarán de facer propostas de estudo, servir de foro para poñer en común as novidades e exercer como órgano asesor e consultivo

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural participou nunha reunión da Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón, onde recordou que a Xunta convocou unha orde de axudas para fomentar este tipo de actuacións Salienta que é unha medida acorde ao Plan de Desenvolvemento Rural para a promoción de investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en Rede Natura 2000 Adianta tamén que neste días se iniciarán as medidas de xestión de especies de flora e fauna invasoras en varios puntos do Concello de Ribadeo

O prazo para participar no programa ‘Descubrindo o parque nacional’ está aberto a partir de hoxe e as reservas poden facerse a través da web reservasparquesnacionales ou de forma presencial nas oficinas de Vigo As visitas fóra da tempada estival comezarán o 18 de febreiro e estenderanse ata o 29 de abril, e por primeira vez este ano está previsto organizar unha segunda quenda de rutas ás illas a partir do mes de maio As actividades guiadas polo parque, nas que participaron desde o ano 2014 máis de 1.100 persoas, son gratuítas e os participantes só deberán asumir o custo do seu desprazamento ata o arquipélago Como novidade, na campaña deste ano cada solicitante poderá facer a reserva de praza nunha ruta cun máximo de 3 acompañantes

2018/01/26: A colaboración con Cemma permite a recuperación do último lobo mariño que varou nas costas galegas
Guardesiña’ foi atopada o pasado 14 de xaneiro no porto de A Guarda con síntomas de desnutrición, deshidratación e afección respiratoria grave A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, visitou hoxe o centro veterinario da Cemma en Nigrán no que o animal recibe tratamento no marco do convenio de colaboración entre esta entidade e a Consellería de Medio Ambiente O exemplar presenta unha evolución positiva e está fóra de perigo, aínda que o tempo estimado para que poida volver ao medio mariño dependerá de que recupere por completo a súa capacidade para alimentarse por si mesmo

2018/01/15: A Xunta destina case 4 millóns de euros a actuacións de mellora e recuperación nos concellos con espazos na rede natura e nos parques naturais
A directora xeral de Patrimonio Natural presentou esta mañá as ordes polas que se convocan estas subvencións e que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia, cuxo orzamento se incrementa nun 54%, respecto da convocatoria anterior Trátase dunha medida que é acorde ao Plan de Desenvolvemento Rural para a promoción de investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en Rede Natura 2000 e no ámbito dos parques naturais de Galicia Os beneficiarios destas axudas serán as persoas titulares de terreos agrícolas e forestais, os concellos, as asociacións ambientais e de custodia do territorio e, no caso dos parques naturais, as empresas con domicilio fiscal nalgún concello dentro do mesmo

2018/01/12: Medio Ambiente propón a 30 concellos impulsar de xeito compartido o proxecto de Infraestrutura Verde da área de Coruña
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, mantivo un encontro con rexedores dos concellos desta área xeográfica O obxectivo do departamento autonómico é promover a estratexia de infraestrutura verde para garantir a provisión de servizos ambientais e a protección da biodiversidade, seguindo as indicacións da Comisión Europea Para acadar un proxecto que dea resultados a longo prazo é imprescindible contar cos municipios O desenvolvemento do proxecto terá catro etapas, cuxa principal característica é que será un proceso participativo coas administracións locais

Trátase dunha iniciativa que lidera a Fundación Biodiversidade, en colaboración co Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente a través do Programa Pleamar, á que se destina un orzamento de case 60.000 euros O obxectivo é crear unha rede de traballo multidisciplinar para fomentar o coñecemento, a xestión do lixo mariño e a conservación dos recursos biolóxicos, así como recoller as artes de pesca perdidas, nos fondos mariños e nas praias

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se regulan as subvencións que compensarán os danos en explotacións gandeiras producidos por este tipo de animais entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018 A contía consignada para as subvencións deste exercicio ascende a 279.958 euros, co fin de chegar ao máximo número de solicitantes posible Como novidade, por primeira vez inclúense os gastos de eutanasia a animais atacados e soben nun 10% a contía das compensacións no caso do gando vacún

A directora xeral de Patrimonio Natural presentou esta mañá o documento de inicio deste proxecto, no que se deseñará un programa de axudas para crear iniciativas económicas competitivas e se elaborará un programa de mantemento de actividades tradicionais compatibles co Parque Indica que estas propostas formarán parte dun Plan de desenvolvemento Sostible, no que se fixarán criterios de elección en función da situación socioeconómica dos concello da contorna do parque

Con estas resolucións, a Xunta pon fin á tramitación dos expedientes abertos o pasado verán con relación ás irregularidades e incumprimentos rexistrados os días 3, 5 e 19 de agosto no acceso ao Parque Nacional das Illas Atlánticas Tipifícanse as infraccións como graves ao concluír que existiu un risco potencial para a preservación dos valores naturais e para a seguridade das persoas O departamento autonómico ratifica o importe das multas propostas inicialmente e desestima as alegacións presentadas polas empresas ao non desacreditar os feitos denunciados polos axentes