Novas

2017/11/29: Medio Ambiente fixará por primeira vez a capacidade de carga diaria da Illa de Ons
A directora xeral de Patrimonio Natural indicou que esta é unha das principais novidades que se recollerá no futuro Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia Ana María Díaz mantivo unha reunión con representantes das asociacións ecoloxistas Verdegaia, Luita Verde, Anduxía, Amigos da Terra, SEO e WWF España para presentarlles o documento de inicio do PRUX, aos que convidou a achegar as súas impresións neste período de participación pública deste documento que se aprobaría por decreto

2017/11/28: O futuro Plan reitor de usos e xestión do parque das Illas Atlánticas de Galicia permitirá a pesca e o marisqueo sostible
A directora xeral de Patrimonio Natural avanzou que a esta proposta súmase á elaboración dun código de boas prácticas para garantir que esta actividade pesqueira tradicional sexa compatible coa conservación do medio, así como un plan de xestión para esta actividade O borrador do prevé que non se permitan novos establecementos e instalacións de acuicultura, salvo os parques de cultivo da ameixa de Carril Outra das novidades que se incluirá no documento é que os produtos poderán ser comercializados baixo unha marca de calidade Ana María Díaz presentou o documento de inicio do PRUX ás Federacións provinciais de pesca e marisqueo da Coruña e Pontevedra, aos que convidou a participar neste período de participación pública deste documento que se aprobaría por decreto

A directora xeral de Patrimonio Natural avanza na reunión da Xunta Consultiva do Parque que a principios do vindeiro ano contactarase cos sectores implicados para consensuar a redacción do PRUX deste parque natural Ana María Díaz adianta que o departamento que dirixe está a ultimar o documento de inicio para iniciar o proceso de participación, previo ao período de información pública A Xunta iniciará de inmediato traballos para instalar unha nova cartelería e sinalización, que ademais fomenten a reciclaxe e eviten a proliferación de residuos neste enclave natural

2017/11/23: A Xunta propón regular por primeira vez os usos no medio mariño do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas
Esta é unha das novidades do futuro Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo Terrestre (PRUX), xa que por primeira vez se fai unha zonificación no seu ámbito empregando a criterio bidimensional das augas A directora xeral de Patrimonio Natural explicou que as 8.480 hectáreas que suman os catro illotes do parque consolidaríanse en cinco zonas: de reserva, de uso restrinxido, moderado, especial e de edificacións existentes Ana María Díaz presidiu esta tarde a reunión do Padroado do Parque Nacional, no que se presentou o documento de inicio do Plan reitor de usos e xestións e que representa o inicio da participación pública para a elaboración deste documento Salienta que, tras o período de participación pública iniciarase a tramitación administrativa do decreto polo que se aprobaría o PRUX

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde de declaración provisional deste espazo natural durante un período de dous anos, prazo no que o Concello da Coruña deberá presentar un plan de conservación do espazo, como requisito para a súa declaración definitiva Os valores ecolóxicos, paisaxísticos e etnográficos deste conxunto de illas situadas ao pé do Monte San Pedro xustifican a súa consideración como un espazo natural de interese local e de especial conservación e protección Por outra banda, Medio Ambiente recorda ao Concello que a solicitude para a posible declaración dun ENIL na Torre de Hércules debe tramitarse por medios electrónico, tal e como establece a normativa vixente

2017/11/08: Divulgar o coñecemento científico sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, obxectivo principal das IX Xornadas de Investigación
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas organiza esta actividade divulgativa, que representan un marco para o intercambio do esforzo investigador e un intercambio de experiencias extrapolables a outros lugares A xornada de hoxe está centrada nas masa de auga do parque, mentres que o programa do xoves versará sobre as especies de fauna e flora terrestres

A Consellería de Medio Ambiente remitirá á información ao Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente a proposta do Parque Nacional como Humidal de Importancia Internacional Este espazo comprendido polos catro arquipélagos constitúe unha excelente representación de zonas húmidas mariñas e costeiras do litoral atlántico ibérico, comparten valores patrimoniais e están conectados por unha intricada rede de interaccións ecolóxicas e culturais, que os converten nunha unidade única de xestión e protección A Consellería de Medio Ambiente destaca a existencia dunha rede de covas mariñas ou a presenza de importantes colonias de cría de gaivota patiamarela e cormorán moruño, como un dos criterios que establece o convenio Ramsar

2017/10/27: O deseño da primeira infraestrutura verde de Galicia será unha realidade a finais de 2018
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio salienta que Galicia adiántase así o futuro requirimento europeo e nacional de definir un proxecto que reforce a estrutura ecolóxica básica da Comunidade mediante unha rede de zonas naturais e seminaturais Indica que, paralelamente, traballase no proxecto da Infraestrutura verde da área metropolitana da Coruña, que se abrirá á participación cidadá para a súa elaboración

2017/10/26: A conservación do patrimonio natural e a loita contra o cambio climático serán materias prioritarias nas contas de Medio Ambiente para o 2018, que se elevan a máis de 280 M€
presenta o orzamento do departamento que dirixe, co que tamén se mantén o compromiso coa mellora da calidade das rías galegas e darase un novo pulo á paisaxe galega, que irá da man dunha mellor ordenación do territorio Mato Otero salienta o esforzo lexislativo da Consellería, que ao longo do 2018 aprobará a Lei de Patrimonio Natural e iniciará a tramitación da Lei de Ordenación do Territorio e dunha nova Lei de Residuos de Galicia Na liña da protección dos recursos naturais, anunciou unha modificación do sistema actual de emisións de autorizacións de acceso ao Parque Nacional das Illas Atlánticas Indica que o cambio climático é unha realidade para a sociedade, polo que o departamento que dirixe deseñará un plan de adaptación das costas galegas a este fenómeno Os orzamentos de Augas de Galicia superan un ano máis os 100 millóns de euros e permitirán a posta en marcha de novas infraestruturas e avanzar no saneamento das rías, en definitiva, conseguir que as augas en Galicia sexan cada vez de maior calidade e con maiores parámetros de control

A directora do Instituto de Estudo do Territorio explica que en Galicia se estableceron cinco grupos de investigación de recoñecido prestixio nos eidos da planificacións de espazos naturais, da planificación rural, do desenvolvemento socioeconómico e territorial, da planificación de infraestruturas civís e do urbanismo O obxectivo é crear unha rede interconectada de espazos verdes e outros elementos ambientais que conserven as funcións dos ecosistemas naturais