A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, celebraron unha reunión para informarlles do contido do documento de inicio, presentar as principais novidades do documento, e invitalos a facer achegas e suxestións a este documento, para elaborar o Plan reitor que se tramitará como decreto coas súas correspondentes fases.
Recordou que o PRUX será a folla de ruta na que se detallarán os obxectivos e os criterios de xestión do parque nacional, establecendo a normativa de protección, a regulación de aproveitamentos, a zonificación e as actuacións expostas para o próximos dez anos en materia de conservación, uso público, investigación, seguimento.