Serie Cursos (02): 2005
Rigueiro Rodríguez, A.; Romero Buján, M.I. & Rodríguez Guitián, M.A. (Coord.). (2005). Novas tendencias na caracterización e xestión da biodiversidade. Recursos Rurais. Serie Curso - 2. Universidade de Santiago. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER). Lugo.
O volume "Novas tendencias na caracterización e xestión da biodiversidade" estrutúrase en tres módulos ou bloques temáticos.
O módulo Compoñentes da Biodiversidade, os relatores centráronse na flora galega ameazada, no interese de conservación da pteridoflora galega, na diversidade sílvica do subsector galaicoasturiano septentrional e as ameazas dos bosques deste territorio, nos fungos superiores como recurso natural e a importancia da súa conservación e na herpetofauna e avifauna galegas.
O bloque de Análise e Valoración dos compoñentes da Biodiversidade dedicouse á exposición sobre a xestión da biodiversidade mediante bases de datos en liña e do programa libre (VegAna), sistema que se vén desenvolvendo exitosamente en Cataluña.
O terceiro módulo, Xestión dos Compoñentes da Biodiversidade, foron abordados temas como a conservación das árbores senlleiras, a conservación "in situ" de flora ameazada mediante microrreservas, a xestión do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a xestión conservacionista das motogueiras galegas e a expresión territorial da biodiversidade.
Autores: Antonio Rigueiro Rodríguez; María Inmaculada Romero Buján & Manuel Antonio Rodríguez Guitián (Coordinadores).
Título: Novas tendencias na caracterización e xestión da biodiversidade
Recursos Rurais - Serie Cursos, nº 2.
Ano: 2005
ISSN: C-2188-2004
Depósito Legal: 1698-5427
Copyright: IBADER