Banco de Datos

Os faiais de Galicia: ecoloxía e valor ambiental (2011)


Rodríguez Guitián, M.A. & Rigueiro Rodríguez, A. (Coords.) (2011). Os faiais de Galicia: ecoloxía e valor ambiental. Asociación Científica Horreum. - IBADER - Consellería do Medio Rural. Lugo: Horreum. P 666.

Esta obra reúne os resultados obtidos por un amplo grupo de investigadores ao longo de máis de dez anos de traballo orientado ao estudo e caracterización dos bosques dominados por Fagus sylvatica do extremo occidental das montañas cantábricas, nomeadamente daqueles situados dentro do territorio administrativo de Galicia e áreas veciñas asturianos e leonesas.

Constitúe un gran esforzo colectivo de achega de información do xeito máis accesible posible aos seus potenciais lectores (estudantes universitarios, profesores de ensino medio, xestores do medio natural, particulares propietarios dos terreos nos que se asentan estes bosques, persoas encargadas da divulgación dos valores naturais ou simplemente amantes do medio ambiente en xeral), sen menoscabo do rigor e o valor científico-técnico dos datos achegados.

O libro está estruturado en 22 capítulos agrupados en seis seccións (Contextualización dos faiais galegos no ámbito europeo, Caracterización ambiental, Diversidade biolóxica dos faiais galegos, Estado forestal, Usos e aproveitamentos dos faiais, Importancia ambiental dos faiais) a traveso das que se achega información sobre a orixe, ecoloxía, importancia forestal e valor medioambiental deste tipo de bosques. Ademais, no apartado de Anexos, achégase información complementaria (datos analíticos, catálogos de especies, táboas de inventarios de vexetación, resultados do tratamento informático da información, etc.) sobre a que se fundamentan diversos capítulos que compoñen a obra.

O libro pódese descargar de forma completa a baixa resolución ou cada sección por separado a alta resolución.

Autores: 
Rodríguez Guitián, M.A. & Rigueiro Rodríguez, A.
Título: Os faiais de Galicia: ecoloxía e valor ambiental.
Ano: 2011.

Edita:
Horreum en colaboaración con IBADER

Depósito Legal: C 2911-2011

ISBN: 978-84-939661-0-2
Copyright: Horreum
Os faiais de Galicia: ecoloxía e valor ambiental (2011)
 
Descargas
  • Os faiais de Galicia: Ecoloxía e valor ambiental
    Libro completo
  • Os faiais de Galicia: Ecoloxía e valor ambiental
    [Sección I: Contextualización dos faiais galegos no ámbito europeo]
  • Os faiais de Galicia: Ecoloxía e valor ambiental
    [Sección II: Caracterización ambiental]
  • Os faiais de Galicia: Ecoloxía e valor ambiental
    [Sección III: Diversidade biolóxica dos faiais galegos
  • Os faiais de Galicia: Ecoloxía e valor ambiental
    [Sección IV: Estado forestal]
  • Os faiais de Galicia: Ecoloxía e valor ambiental
    [Sección V: Usos e aproveitamentos dos faiais]
  • Os faiais de Galicia: Ecoloxía e valor ambiental
    [Sección VI: Importancia ambiental dos faiais]
  • Os faiais de Galicia: Ecoloxía e valor ambiental
    [Anexos]
Voltar