Xénese e ocaso das paisaxes naturais de Galicia (2009)
Ramil-Rego, P. (2009). Capítulo do Libro: Olladas críticas sobre a paisaxe. Francisco Fíaz-Fierros Viqueira, Federico López Silvestre (Coordinadores). Consello da Cultura Galega, Compostela 2009. p 184.
Poderiamos asumir que as primeiras tipoloxías da paisaxe galega quedan plasmadas nos petróglifos, onde os antigos poboadores de Galicia indicaban áreas reais ou imaxinarias de caza, distintos territorios e itinerarios. Os propios petróglifos, as medoñas e as pedras chantadas serviron e aínda se empregan como marcos xeográficos, como fitos nas principais vías que discorren polas nosas vellas paisaxes.
As primeiras referencias escritas das paisaxes galegas relaciónanse coa invasión e posterior ocupación romana. Os escritos describen vagamente o territorio e destacan os aspectos utilitaristas, así como os elementos discordantes cos usos e costumes da metrópole, coa evidente intención de xustificar a actuación de dominio e colonización.
Autores: Ramil-Rego, P.
Titulo: Olladas críticas sobre a paisaxe.
Ano: 2009.
Edita: Consello da Cultura Galega.
ISBN: 978-84-96530-97-3
Depósito Legal: C 0000 2009
Copyright: Consello da Cultura Galega.