Pablo - No Visible

Paleoclimatoloxía


Ramil-Rego, P., Gómez-Orellana, L. & Muñoz Sobrino, C. (2008). Paleoclimatoloxía. In: F. Díaz-Fierros Viqueira (Coordinador). Historia da Meteoroloxía e da Climatoloxía de Galicia. Consello da Cultura Galega. Conselleria de Medio Ambiente. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. p (109-136).


A alternativa á medida directa das diferentes variables climáticas son os proxy data: datos recompilados polos paleoclimatólogos a partir de rexistros naturais da variabilidade climática e que abarcan dende datos de tipo histórico (por exemplo, a partir de arquivos da produción anual ou dos cambios nos tipos de cultivos pódense reconstruír cambios na temperatura media dun territorio) ata rexistros isotópicos procedentes de arrecifes de coral (a partir dos cales se poden reconstruír variacións relativas da temperatura da auga), pasando polo estudo dos aneis de crecemento das árbores, a análise do aire, o po e os isótopos de osíxeno atrapados nos xeos permanentes (xa sexa en glaciares de montaña ou en casquetes polares), ou o estudo dos sedimentos mariños ou de tipo continental (que entre outros restos poden incluír pole fósil, diatomeas, dinoflaxelados, coleópteros, outros pequenos invertebrados, moluscos, etc).
 
Preséntase aquí o capítulo Paleoclimatoloxía do libro "Historia da meteoroloxía e da climatoloxía de Galicia" publicado polo Consello da Cultura Galega, proxecto que serviu como unha nova ocasión para levar á práctica unha mirada integradora sobre a historia da ciencia en Galicia.


Autores: Ramil-Rego, P., Gómez-Orellana, L. & Muñoz Sobrino, C.
Titulo: Paleoclimatoloxía.
Ano: 2008.



ISBN: 978-84-96530-72-0
Depósito legal:
C 3717-2008
Copyright: Consello da Cultura Galega.
 Paleoclimatoloxía
 
Descargas
  • Paleoclimatoloxía
    Ramil-Rego, P.; Gómez-Orellana, L. & Muñoz Sobrino, C. (2008).
Voltar