A reserva de biosfera mariñas coruñesas e terras do mandeo descrición e territorio
Asociación de desenvolvento rural MARIÑAS-BETANZOS. A RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO DESCRICIÓN E TERRITORIO. Abegondo. (A Coruña).
As Reservas de Biosfera somos espazos para o desenvolvemento sostible, onde se traballa polo mantemento da biodiversidade e da diversidade cultural, onde procuramos un desenvolvemento social e económico respectuoso co medio, experimentamos para conseguir un bo uso dos recursos naturais, culturais e sociais e fomentamos a participación dos cidadáns, a formación e a educación.
Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo foi declarada Reserva de Biosfera pola UNESCO, en maio de 2013.
Abrangue un total de 116.724 ha (113.969 ha terrestres e 2.754 ha mariñas), que representan case o 15% da superficie da provincia da Coruña, repartidas en 17 concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Curtis, Culleredo, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.
Autoría: Asociación de desenvolvento rural MARIÑAS-BETANZOS.
Título: A RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO DESCRICIÓN E TERRITORIO.