Banco de Datos

Plan de accion da reserva da biosfera transfronteiriça Gerês Xurés


Xunta de Galicia, ICNF. (2015-2020). PLAN DE ACCION DA RESERVA DA BIOSFERA TRANSFRONTEIRIÇA GERÊS XURÉS. p 86.


A Reserva de Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés foi aprobada o 27 de maio de 2009  polo “Consejo Internacional de Coordinación (CIC)” do programa da UNESCO sobre o Home e a Biosfera (MaB), reunido en Jeju (Corea do Sur) e xa forma parte da Rede Mundial de Reservas de Biosfera.
Ao tratarse dunha Reserva de Biosfera Transfronteiriza, o esforzo de cooperación entre o territorio e as entidades portuguesas e españolas ten un peso importante, e en particular, á hora de identificar obxectivos comúns, definir prioridades de actuación para o territorio e artellar estratexias de xestión.

Este esforzo de cooperación entre os dous territorios queda reflectido no Proxecto de Plan de Acción Común 2010-2015 da Reserva de Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, documento elaborado a través da coordinación entre o Instituto da Conservación da Natureza e da Biodiversidade, I.P., pola parte portuguesa e a Xunta de Galicia (Dirección Xeral Conservación da Natureza) pola parte española
.



Autoría:  Xunta de Galicia, ICNF.
Título: PLAN DE ACCIÓN DA RESERVA DA BIOSFERA TRANSFRONTEIRIÇA GERÊS XURÉS.
Año: 2015-2020.


 
Plan de accion da reserva da biosfera transfronteiriça Gerês Xurés
 
Descargas
Voltar