Plan de Xestión 2013-2017 Versión 3.0
RBMM. (2013-2017). Plan de Xestión 2013-2017 Versión 3.0. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medioambiente. Xunta de Galicia. Deputación da Coruña. p 55.
A candidatura a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” establece o Plan de Acción para o período 2013 – 2022, aprobado pola UNESCO na declaración oficial da Reserva da Biosfera que foi acordada na XXV Reunión do Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB, celebrada na sede da UNESCO en París do 27 ao 30 de maio de 2013.
Este Plan de Xestión constitúe un plan de desenvolvemento sostible da Reserva da Biosfera, cuxa finalidade é establecer as liñas de actuación concretas para o cumprimento dos obxectivos das Reservas da Biosfera para o período 2013 – 2017. A posta en marcha e desenvolvemento do Plan de Xestión (2013 – 2017) vai a desenvolver a Visión compartida e a Misión da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.
Autoría: RBMM.
Título: Plan de Xestión 2013-2017 Versión 3.0.
Año: (2013-2017).