Convocatoria 2022

SEGUNDA CONVOCATORIA PARA O INGRESO NO IBADER COMO INVESTIGADORES/AS VINCULADOS/AS.
 
O IBADER realizou no ano 2020 o primeiro procedemento de vinculación de investigadores/as a este Instituto. Trala conclusión deste, e unha vez recibidas distintas peticións de investigadores/as para formar parte do mesmo, a Xunta de Goberno do IBADER, en reunión celebrada o 22 de xuño de 2022, atendendo a estas solicitudes, e dada a necesidade de reforzar a estrutura do Instituto, aprobou a posta en marcha dunha nova convocatoria de vinculación.
 
1.- OBXETO DA CONVOCATORIA
 
A finalidade desta convocatoria é abrir unha nova convocatoria de ingreso ao IBADER para a figura de investigadores/as vinculados/as, de acordo co artigo 8 da normativa establecida no Regulamento de Réxime Interno do IBADER.
 
2.- DESTINATARIOS
 
Persoal docente e investigador (PDI) doutor da USC ou de outras institucións adscritas á USC mediante acordos institucionais que recoñezan a súa relación formal co instituto.
 
3.- REQUISITOS
 
3.1. Posuír a condición de “Persoal docente e investigador” (profesor/a contratado doutor, profesor/a doutor funcionario, axudante doutor, investigadores Ramón y Cajal, Juan de la Cierva, María Zambrano, etc.)
 
3.2.- Os Investigadores/as vinculados/as ao IBADER non poderán formar parte como investigadores/as doutros Institutos Universitarios de Investigación, Centros Singulares ou Centros Propios da USC.
 
3.3.- Os investigadores/as vinculados/as levarán a cabo a súa actividade dentro dos ámbitos fixados no Plan de Acción do IBADER.
 
4.- SOLICITUDES
 
Quen desexe participar no proceso de ingreso da presente convocatoria deberá facelo constar por escrito, mediante solicitude dirixida ao Sr. Director/a do IBADER.
 
Para seren admitidos, as persoas solicitantes manifestarán na súa solicitude que reúnen todos e cada un dos requisitos e condicións de acceso esixidas na data de expiración do prazo sinalado para a presentación de solicitudes.
 
A presentación da solicitude supón a aceptación das bases por parte de cada persoa solicitante.
 
5.- DOCUMENTACIÓN
 
5.1.- Ademais da instancia de solicitude, o persoal investigador deberán presentar a seguinte documentación:
 
5.1.A.- Curriculum Vitae no que se recollan as achegas de I+D+i, principalmente dos últimos dez anos, dos seus méritos de investigación e idoneidade cos obxectivos, fins e liñas do IBADER.
 
5.1.B.- Actividades que pretende levar a cabo no caso da súa incorporación no IBADER acorde cos ámbitos de actuación do IBADER descritos no seu Plan de Acción.
 
5.1.C.- Calquera outra documentación que considere de interese para a súa aceptación como investigador/a vinculado ao IBADER.
 
Unha vez obtido o informe favorable de aceptación da solicitude de ingreso, deberase aportar:
 
I.- Declaración responsable do seu compromiso de permanencia no IBADER que terá como mínimo unha duración de tres anos. E poderá ser renovado en sucesivos períodos cada tres anos.
 
II.- Declaración responsable de non estar vinculado/a a ningún outro Instituto de Investigación, Centro Singular ou Centro Propio da USC.
 
III.- Informe do Departamento, ao que está adscrito/a, respecto á correspondente vinculación ao IBADER.
 
Os ficheiros coa correspondente documentación estarán dispoñibles na páxina web do IBADER.
 
http://www.ibader.gal/seccion/596/Convocatoria.html
 
6.- PRAZO DE PRESENTACIÓN
 
As solicitudes dirixiranse ao Sr. director do IBADER. O prazo de presentación das mesmas establécese dende o dia seguinte á publicación ata o día 30 de novembro de 2022.

7.- LUGAR DE PRESENTACIÓN
 
A presentación de solicitudes farase no Rexistro electrónico da USC (https://sede.usc.es > Rexistro electrónico), de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
 
8.- NOTIFICACIÓNS
 
De conformidade cos artigos 40 a 43 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións practicaranse por vía electrónica, a través do Taboleiro Electrónico da Sede Electrónica da USC, lugar onde se efectuarán as sucesivas comunicacións.
 
9.- ADMISIÓN DAS SOLICITUDES DOS INVESTIGADORES
 
Nos 10 días hábiles seguintes, despois de finalizado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase a relación de solicitantes admitidos/as e excluídos/as.
 
O persoal investigador non admitido ou excluído poderá xustificar o seu dereito a ser admitido, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación, quedando excluído definitivamente de non facelo.
 
Rematado este prazo, publicarase a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as.
 
10.- PROCEDEMENTO DE AVALIACION DAS SOLICITUDES
 
10.1.- O proceso de avaliación das solicitudes constará de dúas fases:
 
10.1.A.- Publicada a relación definitiva das solicitudes referidas no punto 9 desta convocatoria, as admitidas serán estudadas polo Consello Científico do IBADER para comprobar que reúnen os requisitos e condicións de acceso esixidas para ser investigador/a vinculado/a ao IBADER.
 
En caso de que a documentación presentada por algún investigador/a no se axuste aos criterios do punto 5 desta convocatoria, requirirase ao/a solicitante a corrección da mesma, nun prazo de 10 dias hábiles.
 
Feita a comprobación dos requisitos e no seu caso a corrección da documentación polos interesados/as, o Director do IBADER dará traslado aos membros da Comisión Avaliadora Externa.
 
10.1.B.- A Comisión Avaliadora Externa, reunida de forma presencial en Lugo, ou a través de medios telemáticos, analizará a documentación presentada por cada un dos/as investigadores/as, emitindo unha valoración favorable ou desfavorable da súa incorporación como Investigador/a Vinculado/a do IBADER.
 
Acorde co Regulamento de Réxime Interno do IBADER a Comisión Avaliadora Externa, na valoración das solicitudes terá en conta os seguinte aspectos:
 
1.- Recoñecemento de méritos por actividade investigadora, Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI), ou pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.
2.- Traxectoria investigadora e docente realizada, coherente cos ámbitos de actuación establecidos no IBADER.
3.- Dirección ou participación en proxectos de I+D+i de convocatorias públicas.
4.- Dirección ou participación en contratos ou convenios con entidades públicas ou privadas, especialmente de aquelas integradas nas liñas dos ámbitos de actuación do IBADER.
5.- Publicacións científico-técnicas.
6.- Dirección de Teses de Doutoramento e traballos academicamente dirixidos.
7.- Actividades de Difusión vencelladas cos obxectivos do IBADER.
8.- Patentes.
9.- Participación en Comités Consultivos ou Comités Asesores.
10.- Experiencia en cargos de xestión universitaria vencellados coa I+D+i.
11.- Colaboración científico-técnica coas entidades que forman parte do IBADER.
 
10.2.- Concluído o proceso de avaliación do persoal investigador que solicita ser vinculado, o Consello Científico tramitará a alta dos/as novos/as membros, abrindo ademais un prazo para a incorporación dos investigadores/as non permanentes, investigadores/as en formación e investigadores/as colaboradores.
 
11.- RESOLUCIÓN FINAL
 
Contra a presente convocatoria, poderá interpoñer recurso de alzada ante este órgano ou directamente ante o reitor no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte á súa recepción, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
 
Lugo a 10/010/2022.
 
Pablo Ramil Rego
Director do IBADER