luns, 12 de xuño de 2017

2017/06/12: 25 aniversario da Directiva Hábitat e do programa LIFE

O Campus Terra celebrou o pasado venres, 9 de xuño, o 25 aniversario da aprobación da Directiva Hábitats (DC 92/43/CEE) e da posta en marcha do programa europeo LIFE, avaliando o seu impacto e vantaxes sobre o medio ambiente durante un cuarto de século. Para iso tivo lugar unha xornada que permitiu achegar á sociedade os principais resultados de 4 proxectos LIFE de Natureza e Acción polo Clima que durante os últimos 25 anos se desenvolveron en Galicia, e nos que diferentes equipos da Universidade de Santiago de Compostela formaron parte:
 

Os relatores presentaron á audiencia o gran paso que supuxo a execución e posta en marcha de cada un dos proxectos, a través dos seus resultados, os desafíos superados, os beneficios ambientais proporcionados e o coñecemento xerado. O IBADER, pola súa parte, participou a través do LIFE Baccata, en calidade de coordinador, e do LIFE Tremedalcomo asociado.
 
Finalmente abriuse un pequeno espazo para que os asistentes puidesen realizar cuestións sobre os proxectos expostos.

2017/06/12: 25 aniversario da Directiva Hábitat e do programa LIFE
Compartir
 
Voltar