xoves, 16 de maio de 2019

2019/05/10: Universidade de Verán 2019: Cursos no IBADER



Universidade de Verán (2019)
Curso no IBADER


 
A Universidade de Santiago de Compostela organiza unha nova edición da Universidade de Verán, na que se inclúen tres interesantes cursos nos que participan investigadoras e investigadores do IBADER.
 
  • Os bosques antigos, refuxios de biodiversidade nun mundo cambiante (Xullo, 2019). (Enlace: Bosques)
  • As plantas medicinais no desenvolvemento sostible das Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares lucenses e montes de Cervantes, Navia e Becerreá (Xullo, 2019). (Enlace: Medicinais).
  • O patrimonio natural e a biodiversidade nas Reservas de Biosfera (Setembro, 2019). (Enlace: Biosfera).
 
A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2019 a efectos de créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu alumnado coa seguinte equivalencia, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso:

2.- créditos por cada curso de 25 ou máis horas (máximo 6 créditos en total).
1.- crédito por cada curso de menos de 25 horas (máximo 6 créditos en total).
2019/05/10: Universidade de Verán 2019: Cursos no IBADER
Compartir
 
Voltar