2025/03/12: O IBADER participou na presentación das accións do proxecto entre Sar e Sarela
O pasado día 12 de marzo, o IBADER participou na presentación das obras da Acción B1 Barrio Verde de Pontepedríña, incluída como unha das accións do proxecto “Entre Sar e Sarela”.O proxecto Entre Sar e Sarela, ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a Infraestrucura Verde de Santiago de Compostela e está coordinado polo Concello de Santiago de Compostela e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela). O proxecto conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.
No marco da presentación das obras de esta accción, presentáronse as restantes accións, entre as que se inclúe a elaboración da Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela que elabora o IBADER. Una vez finalizada a presentación, realizouse unha visita ao parque do Auditorio de Galicia, zona na que se desenvolve outra das accións de conservación do proxecto Entre Sar e Sarela.