01/04/2025: O IBADER participou uun curso de Estratexias de Infraestrutura Verde
No marco do curso organizado polo El Instituto de Estudos do Territorio (IET), organismo autónomo adscrito a la Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de la Xunta de Galicia, o director do IBADER, Pablo Ramil Rego, presentou a Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación Ao Cambio Climático de Santiago de Compostela, enmarcándoa na Infraestrutura Verde de Galicia, aprobada no ano 2024. A redacción e aprobación da Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela, se inclúe entre as accións do proxecto Entre Sar e Sarela, financiado pola Convocatoria Ciudades da Fundación Biodiversidad, proxecto no cal son socios o concello de Santiago de Compostela e o IBADER.
Esta acción formativa, incluída dentro das accións C3 do proxecto e en colaboración co plan formativo da Green Gap Academy ,pretende introducir na temática da Infraestrutura Verde a cantas persoas estean interesadas e, moi especialmente, aos técnicos que desenvolven a súa actividade nas entidades locais, tanto de Galicia como do Norte de Portugal.
O proxecto Entre Sar e Sarela, ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a Infraestrucura Verde de Santiago de Compostela e está coordinado polo Concello de Santiago de Compostela e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela). O proxecto conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.