2025/06/06: O IBADER realiza unha visita as zonas de actuación do proxecto Entre Sar e Sarela coa empresa adxudicataria de dúas das accións
Tras a adxudicación das obras a realizar nas acción B3: Xardín Botanico e B4: Barrio de Cornes, incluídas no proxecto entre Sar e Sarela, o IBADER, encargado do seguimento de obra nestas dúas actuacións, realizou unha primeira visita as zonas e actuación cos técnicos da empresa ENDESFOR, adxudicataria destas dúas accións.
O proxecto Entre Sar e Sarela, ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a Infraestrucura Verde de Santiago de Compostela e está coordinado polo Concello de Santiago de Compostela e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela). O proxecto conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.