Banco de Datos

Luns, 16 de Xuño de 2025

2025/06/16: O IBADER realiza a primeira xornada de creación de material audiovisual do proxecto “Entre Sar e Sarela”




O pasado 16 de xuño de 2025, o IBADER organizou unha xornada centrada na xeración de material audiovisual no marco do proxecto SAR Sarela. A actividade tivo como obxectivo recoller imaxes, e recursos gráficos para o proxecto. Durante a actividade realizáronse gravacións con dron e fotografía estática, co obxectivo de capturar a paisaxe, os espazos de actuación e os elementos chave do proxecto

O proxecto Entre Sar e Sarela, ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a Infraestrucura Verde de Santiago de Compostela e está coordinado polo Concello de Santiago de Compostela e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela). O proxecto conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.
2025/06/16: O IBADER realiza a primeira xornada de creación de material audiovisual do proxecto “Entre Sar e Sarela”
Fotos
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader