Banco de Datos

Luns, 14 de Xullo de 2025

2025/07/14: O IBADER participou na presentación do borrador da Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela




O pasado día 14 de xullo, o director do IBADER presentou o borrador da Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Santiago de Compostela aos membros da Corporación Municipal.

Esta presentación constitúe un paso previo clave ao inicio dunha serie de xuntanzas de contraste e participación pública, nas que diferentes colectivos sociais, ambientais e económicos achegarán propostas e reflexións ao documento. Neste proceso participativo están previstas achegas de asociacións veciñais, entidades ambientais, colectivos técnicos, representantes do tecido empresarial e outras organizacións locais, co obxectivo de enriquecer a estratexia cun enfoque inclusivo e adaptado á realidade compostelá.

A redacción da Estratexia está incluída como unha das accións do proxecto “Entre Sar e Sarela”, que ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a Infraestrucura Verde de Santiago de Compostela e está coordinado polo Concello de Santiago de Compostela e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela). O proxecto conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.
2025/07/14: O IBADER participou na presentación do borrador da Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela
Fotos
Ibader
Ibader