Banco de Datos

Martes, 15 de Xullo de 2025

2025/07/15: O IBADER participa nas xornadas de contraste do borrador da Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela




O IBADER participou nas tres xornadas de contraste e participación pública, organizadas no marco do proceso de elaboración da Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Santiago de Compostela, co obxectivo de recoller propostas e reflexións por parte de diversos axentes sociais, ambientais e económicos do municipio.

Estas xornadas contaron coa participación activa de representantes de asociacións veciñais, entidades ambientais, colectivos técnicos, representantes do tecido empresarial e outras organizacións locais, consolidando un espazo de diálogo aberto e construtivo arredor dos contidos do borrador da Estratexia. O obxectivo é garantir unha planificación inclusiva, adaptada á realidade compostelá e coa maior representatividade posible. As xornadas contaron coa presenza dun facilitador especializado, encargado de dinamizar o debate e favorecer a participación equilibrada e construtiva de todos os colectivos presentes.

A redacción da Estratexia está incluída como unha das accións do proxecto “Entre Sar e Sarela”, proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago de Compostela, no cal son sócios o Concello de Santiago de Compostela e o IBADER.

O proxecto Entre Sar e Sarela, ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a Infraestrucura Verde de Santiago de Compostela e está coordinado polo Concello de Santiago de Compostela e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela). O proxecto conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.
2025/07/15: O IBADER participa nas xornadas de contraste do borrador da Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela
Fotos
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader