2025/07/16: O IBADER realiza unha visita ao Barrio de Pontepedriña xunto coa empresa adxudicataria da actuación
O IBADER realizou unha visita técnica ao Barrio de Pontepedriña, onde se executará a acción B1: “Barrio Verde de Pontepedriña: Renaturalizació e creación de un corredor ecolóxico urbano”, co fin de supervisar o inicio das intervencións previstas nesta zona. Esta e unha das actuacións incluídas no proxecto “Entre Sar e Sarela, cofinanciado pola Fundación Biodiversidade para fomentar a renaturalización e resiliencia das cidades españolas.
A visita contou coa presenza dos técnicos do IBADER, técnicos do Concello e da empresa Proyecon Galicia S.A., adxudicataria desta actuación, que será tamén a encargada da súa execución. Durante o percorrido revisáronse os espazos obxecto de intervención, os obxectivos específicos da actuación e os criterios establecidos para garantir a súa correcta implementación.
O proxecto Entre Sar e Sarela, ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a Infraestrucura Verde de Santiago de Compostela e está coordinado polo Concello de Santiago de Compostela e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela). O proxecto conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.