Banco de Datos

Martes, 17 de Xuño de 2025

2025/06/17: O IBADER participou de forma telemática no Cities Forum 2025, foro europeo de referencia sobre cidades sostibles




O IBADER asistiu de maneira virtual no Cities Forum 2025, un evento organizado pola Comisión Europea que reuniu a responsables institucionais, expertos e entidades de toda Europa para debater sobre os retos e oportunidades das cidades no marco da transición ecolóxica.
 
Esta actividade forma parte da liña de accións desenvolvidas polo IBADER para difundir os avances e resultados do proxecto “Entre Sar e Sarela”, que inclúe accións de divulgación e participación en foros especializados. A participación do IBADER tiña como obxectivo reforzar a presenza de Santiago de Compostela en espazos de debate internacional sobre políticas urbanas e infraestruturas verdes, e poñendo en valor a cooperación entre a administración local, a universidade e entidades especializadas.
 
O Foro ofreceu unha plataforma única para o diálogo sobre a axenda política da UE para as cidades, reunindo a responsables clave na toma de decisións, representantes municipais e expertos de toda Europa. Tratouse dunha oportunidade para participar no intercambio de ideas, contribuír aos debates que están a definir o futuro das cidades e obter valiosos coñecementos sobre os retos e iniciativas actuais.

O proxecto Entre Sar e Sarela, ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a Infraestrucura Verde de Santiago de Compostela e está coordinado polo Concello de Santiago de Compostela e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela). O proxecto conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.
2025/06/17: O IBADER participou de forma telemática no Cities Forum 2025, foro europeo de referencia sobre cidades sostibles
Fotos
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader