Banco de Datos

Luns, 25 de Agosto de 2025

2025/08/25: Anuncio de información pública da aprobación inicial da Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela




O Concello de Santiago de Composltela anuncia o inicio do proceso de Información Pública da "Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Santiago de Compostela".

O proxecto Entre Sar e Sarela, ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a Infraestrucura Verde de Santiago de Compostela e está coordinado polo Concello de Santiago de Compostela e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela). O proxecto conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.

ANUNCIO DE INFORMACIÓN PÚBLICA:

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 14 de xullo de 2025, acordou aprobar a "Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Santiago de Compostela".

Esta Estratexia enmárcase nas actuacións tipo A previstas no proxecto "Entre Sar e Sarela. Renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago de Compostela", ao abeiro da convocatoria de subvencións da Fundación Biodiversidad F.S.P. para o fomento de actuacións dirixidas á renaturalización e resiliencia de cidades españolas, correspondente ao ano 2022, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Unha vez sometida a documentación a un proceso de participación pública e incorporadas ao texto as achegas resultantes do citado proceso, expóñense ao público os documentos que integran a Estratexia, coa finalidade de que as persoas interesadas poidan examinalos e presentar as suxestións que estimen oportunas nun prazo de 30 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Poderán consultar o expediente na área de benestar medioambiental e servizos básicos comunitarios e na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela no apartado “Taboleiro electrónico”.

As suxestións deberán presentarse, preferentemente, a través da sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela (https://sede.santiagodecompostela.gal), introducindo o código de expediente 2023/00048127S no campo correspondente. Tamén poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro dos medios previstos na lexislación vixente.

No caso de non presentarse suxestións no prazo sinalado, o acordo elevarase a definitivo automaticamente, sen necesidade de novo acordo.

Fonte:

Concello de Santiago de Compostela (25/08/2025)

Ligazón:

https://sede.santiagodecompostela.gal/
2025/08/25: Anuncio de información pública da aprobación inicial da Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela