Banco de Datos

Martes, 09 de Setembro de 2025

2025/09/09: Inicio das obras de recualificación e recuperación ambiental da área verde do Barrio de Cornes


O IBADER realizou unha visita técnica a Lagoa de Cornes, onde se executará a acción B4: “Recualificación e recuperación ambiental da área verde do Barrio de Cornes”, co fin de supervisar o inicio das intervencións previstas nesta zona. Esta e unha das actuacións incluídas no proxecto “Entre Sar e Sarela, cofinanciado pola Fundación Biodiversidade para fomentar a renaturalización e resiliencia das cidades españolas.

A visita contou coa presenza dos técnicos do IBADER, e da empresa EMDESFOR., adxudicataria desta actuación, que será tamén a encargada da súa execución. Durante o percorrido revisáronse os espazos obxecto de intervención, os obxectivos específicos da actuación e os criterios establecidos para garantir a súa correcta implementación.

As actuacións inclúen a limpeza e retirada de residuos, valados e elementos alleos, así como a eliminación de especies exóticas e invasoras, tanto herbáceas como arbóreas, na contorna da lagoa e zonas próximas. Tamén se mellorará a Lagoa creando pequenas depresións para favorecer a cría de anfibios, e plantaranse árbores e arbustos autóctonos, incluíndo salgueiros, freixos, carballos e loureiros. Ademais, instalaranse caixas niño para aves e morcegos, dous hoteis para insectos, e colocarase un novo valado de madeira continuando co observatorio existente. O proxecto contempla, así mesmo, a mellora dos sendeiros de uso público e a correcta xestión dos residuos xerados durante os traballos.
 
2025/09/09: Inicio das obras de recualificación e recuperación ambiental da área verde do Barrio de Cornes
Fotos
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader