Banco de Datos

Venres, 15 de Agosto de 2025

2025/08/15: Mellora ecolóxica na rúa Escultor Camilo Otero.




Deu inicio a mellora ambiental da zona verde do talude limítrofe co IES Pontepedriña, coa eliminación dos exemplares de Robinia pseudoacacia e Eucalyptus globulus co fin de mellorar da composición florística da área desde o punto de vista de mellorar a biodiversidade autóctona, para permitir unha xestión máis sostible do espazo adaptada aos principios de Infraestrutura Verde.

Esta tarefa corresponde a aquelas que se estan a realizar no Barrio de Pontepedriña, onde se está a executar a acción B1: “Barrio Verde de Pontepedriña: Renaturalizació e creación de un corredor ecolóxico urbano”. Esta e unha das actuacións incluídas no proxecto “Entre Sar e Sarela, que ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a Infraestrucura Verde de Santiago de Compostela e está coordinado polo Concello de Santiago de Compostela e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela). O proxecto conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.
2025/08/15: Mellora ecolóxica na rúa Escultor Camilo Otero.
Fotos
Ibader
Ibader
Ibader