Banco de Datos

Venres, 12 de Setembro de 2025

2025/09/12: Reunión técnica coa Empresa Dixardin para a acción de restauración do Monte Periourbano do Viso




O IBADER realizou unha visita técnica ao Monte viso, onde se executará a acción B5: “Consolidación do Anel Verde Exterior. Restauración ecolóxica e fomento da biodiversidade no Monte Periurbano do Viso”, co fin de concretar aspecros da memoria de execución definitiva. Esta e unha das actuacións incluídas no proxecto “Entre Sar e Sarela, cofinanciado pola Fundación Biodiversidade para fomentar a renaturalización e resiliencia das cidades españolas.

A visita contou coa presenza dos técnicos do IBADER, e da empresa COREGAL PARQUES E XARDINS, S.L., adxudicataria desta actuación.

Nesta acción preténdese a mellora ecolóxica e recuperación deste espazo, consolidando o Anel Verde Exterior consolidando una zona ampla e diversa con representación de hábitats de interese comunitario. O obxectivo é compatibilizar as actuacións de mellora ambiental coa súa utilización social, incrementando a súa revalorización, coñecemento e posta en valor por parte da cidadanía. Traballarase na recuperación da fisionomía e do estado de conservación dos hábitats naturais que configuran o Monte do Viso (NAT-2000 4030, 8230), co propósito de consolidar este espazo como elemento singular da Infraestrutura Verde de Santiago e do Anel Verde Exterior.

O proxecto Entre Sar e Sarela, ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a Infraestrucura Verde de Santiago de Compostela e está coordinado polo Concello de Santiago de Compostela e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela). O proxecto conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.
2025/09/12: Reunión técnica coa Empresa Dixardin para a acción de restauración do Monte Periourbano do Viso