Banco de Datos

Xoves, 18 de Setembro de 2025

2025/09/18: Comezan os traballos de retirada das Especies Exóticas Invasoras da área verde do Barrio de Cornes


Esta semana iniciáronse as labores de retirada de especies exóticas invasoras na área verde de Cornes, no marco do proxecto “Entre Sar e Sarela”, cofinanciado pola Fundación Biodiversidade a través do Programa de Restauración de Ecosistemas e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
 
Os traballos, enmarcados na Acción B4 do proxecto (Recualificación e recuperación ambiental da área verde do Barrio de Cornes), , céntranse na eliminación controlada de especies vexetais invasoras como, Cortaderia selloana (herba da Pampa). Estas especies supoñen unha ameaza para a biodiversidade local, xa que desprazan a flora autóctona.
 
Todo o material retirado será transportado a un xestor, garantindo así unha xestión segura e responsable dos restos vexetais, en cumprimento da normativa vixente.
 
Con estas actuacións, o dáse un paso máis na restauración ecolóxica de Cornes, buscando consolidar esta área como un espazo de alto valor ambiental e social, integrado dentro do Anel Verde Exterior de Santiago.
 
 
2025/09/18: Comezan os traballos de retirada das Especies Exóticas Invasoras da área verde do Barrio de Cornes
Fotos
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader