2025/09/19 Traballos de retirada das Especies Exóticas Invasoras
Este venres 19 de setembro, comezaron as labores de control das especies exóticas arbóreas presentes no entorno da lagoa de Cornes. O control realízase mediante a tala dos exemplares de especies exóticas e a sua substitución por especies arbóreas autóctonas adaptadas ao humidal, como Salix atrocinerea e Fraxinsus excelsior.
Entre as actuacións do proxecto ENTRE SAR E SARELA, e concretamente na Acción B4: Recualificación y recuperación ambiental del área verde del Barrio de Cornes, inclúese dotar de maior naturalidade as zonas verdes da cidade. Para lograr unha maior naturalidade, é preciso incluír maior proporción de especies nativas, adaptadas ao clima e ao futuro cambio climático, e reducir a cantidade de especies exóticas presentes, algunhas das cales poden ser invasoras e causar danos ao medio natural. Nesta liña, estase a proceder á retirada das especies exóticas presentes no entorno lacunar, que posteriormente serán substituídas por especies autóctonas, seguindo os principios da restauración ecolóxica e das liñas de acción establecidas nas estratexias de infraestrutura verde europea, estatal e galega.
Na marxe oeste da lagoa, existen diversos exemplares da especie exótica Populus sp. de gran porte, cuxa retirada contribuirá a la mellora do entorno lacunar. Esta especie presenta ademais unha alta incidencia como especie alergóxena, principalmente durante os períodos de floración y frutificación. Finalmente, o gran porte dos exemplares, a súa situación nun terreo inestable e o seu estado fitosanitario fai recomendable a súa retirada por posibles riscos de caída, que poderían causar graves anos materiais ou persoais.
O proxecto Entre Sar e Sarela, ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a Infraestrucura Verde de Santiago de Compostela e está coordinado polo Concello de Santiago de Compostela e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela). O proxecto conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.