Banco de Datos

Mércores, 01 de Outubro de 2025

2025/10/01: O Xornal da USC difunde o Congreso Internacional sobre Infraestrutura Verde




O Xornal da USC faise eco do comezo do Congreso Internacional da Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Clomático de Santiago de compostela.
 
Esta acción está en marcada dentro das accións C2 do proxecto Entre Sar e Sarela, ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a Infraestrucura Verde de Santiago de Compostela e está coordinado polo Concello de Santiago de Compostela e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela). O proxecto conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.
 
NOVA:
 
Reflexionan en Santiago sobre as estratexias de infraestrutura verde
 
O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da USC organiza xunto co Concello de Santiago o Congreso Internacional de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Santiago de Compostela, que se inaugurou este mércores en Feuga coa presenza do reitor Antonio López.
 
Nos dous días do encontro, no que colabora o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, daranse a coñecer as estratexias de Infraestrutura Verde nos ámbitos estatal e autonómico e reflexionarase sobre o papel das entidades locais no marco das súas competencias en materia de infraestrutura verde. Deste xeito, presentaranse exemplos de proxectos que se están a desenvolver en distintas cidades e que poden ser de aplicación no contexto galego e estatal.
 
Na inauguración do congreso, ademais do reitor compostelán, participaron a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín; o director do IBADER, Pablo Ramil; o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns e Vías, Xesús Manuel Domínguez; a directora xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación, María Jesús Rodríguez; e o director do Instituto de Estudos do territorio, Enrique Luis de Salvador.
 
Entre Sar e Sarela
 
 
O encontro enmárcase no Proxecto ‘Entre Sar e Sarela’, coordinado polas mesmas entidades e que ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a infraestrutura verde de Compostela para favorecer a conectividade ecolóxica do Anel Verde Exterior coa trama urbana. A iniciativa conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
 
Ligazóns:
 
https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/reflexionan-santiago-estratexias-infraestrutura-verde
 
2025/10/01: O Xornal da USC difunde o Congreso Internacional sobre Infraestrutura Verde
Fotos
Ibader