Banco de Datos

Mércores, 19 de Novembro de 2025

2025/11/19: Publicación da Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela na páxina web do Concello




O Concello de Santiago de Compostela vén de poñer á disposición da cidadanía, a través da súa páxina web institucional, a versión definitiva da “Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Santiago de Compostela”, unha vez completado o período de información pública iniciado tras a aprobación inicial pola Xunta de Goberno Local.
 
A Estratexia forma parte das actuacións tipo A do proxecto “Entre Sar e Sarela. Renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago de Compostela”, proxecto conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.
 
O documento define o modelo de Infraestrutura Verde municipal, identifica os seus elementos, e integra as actuacións piloto previstas nos principais ámbitos de renaturalización urbana do proxecto Entre Sar e Sarela.).
 
Coa súa publicación na web municipal, a Estratexia pasa a ser un instrumento de referencia accesible para a veciñanza, o tecido asociativo e os axentes técnicos e institucionais, facilitando a consulta do marco estratéxico que orientará as futuras actuacións de conservación, restauración e adaptación ao cambio climático no termo municipal de Santiago de Compostela.
 
Ligazóns:

Xeral: https://santiagodecompostela.gal/gl/servicios-municipales/sustentabilidade-servizos-basicos/medio-ambiente
 
Estratexia; https://santiagodecompostela.gal/sites/default/files/2025-11/2025%20%20%201029%20Estratexia.pdf

Elementos : https://santiagodecompostela.gal/sites/default/files/2025-11/2025%201029%20Elementos%20de%20IV.pdf

Accións Piloto: https://santiagodecompostela.gal/sites/default/files/2025-11/2025%20%201029%20Anexo%20Acci%C3%B3ns%20piloto_1.pdf

Anexo Cartográfico: https://santiagodecompostela.gal/sites/default/files/2025-11/2025%201029%20Anexo%20Cartogr%C3%A1fico_1.pdf
 
2025/11/19: Publicación da Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela na páxina web do Concello