Actividades

Mércores, 10 de Decembro de 2025

2025/12/10: O IBADER imparte unha Formación en Renaturalización Urbana e Infraestructuras Verdes ao Persoal do Concello de Santiago




No marco da acción C2 do proxecto Entre Sar e Sarela, tivo lugar unha xornada formativa en liña dirixida ao persoal funcionario do Concello de Santiago pertencente a diversas áreas municipais, como urbanismo, educación, mobilidade e planeamento. O obxectivo desta sesión foi achegar os principios fundamentais das políticas de renaturalización urbana e do desenvolvemento da infraestrutura verde, así como o papel dos servizos ecosistémicos na planificación local.
 
A formación, impartida polo IBADER da Universidade de Santiago de Compostela, permitiu introducir conceptos clave para integrar a infraestrutura verde como elemento transversal no deseño e na execución das políticas públicas.
 
Esta acción formativa reforza o compromiso do proxecto Entre Sar e Sarela coa capacitación técnica e coa consolidación dunha cultura municipal orientada á sustentabilidade, á mellora da biodiversidade e á creación de espazos urbanos máis resilientes
 
O proxecto “Entre Sar e Sarela. Renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago de Compostela”, conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.
 
2025/12/10: O IBADER imparte unha Formación en Renaturalización Urbana e Infraestructuras Verdes ao Persoal do Concello de Santiago
Fotos
Ibader
Ibader
Ibader