2025/12/11: Inicio da plantación de especies autóctonas na rúa Escultor Camilo Otero.
Continúan os avances na mellora ecolóxica da área verde situada no talude limítrofe co IES Pontepedriña, no marco da acción B1 do proxecto Entre Sar e Sarela: “Barrio Verde de Pontepedriña: Renaturalización e creación dun corredor ecolóxico urbano”.
Tras a eliminación dos exemplares de Robinia pseudoacacia e Eucalyptus globulus realizada nas últimas semanas, comezouse agora coa plantación de especies autóctonas, un paso fundamental para recuperar a composición florística propia do territorio e favorecer a biodiversidade local.
Esta tarefa corresponde a aquelas que se estan a realizar no Barrio de Pontepedriña, onde se está a executar a acción B1: “Barrio Verde de Pontepedriña: Renaturalizació e creación de un corredor ecolóxico urbano”. O proxecto “Entre Sar e Sarela. Renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago de Compostela”, conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.