Actividades

Martes, 09 de Decembro de 2025

2025/12/09: Remate do novo observatorio de aves na área Verde do Barrio de Cornes.


 

 
No marco da acción B4 do proxecto Entre Sar e Sarela, completouse a construción dun novo observatorio de aves na lagoa de Cornes. Esta infraestrutura ten como finalidade facilitar a observación da avifauna local e potenciar o valor ecolóxico e educativo deste espazo urbano en proceso de restauración ambiental.
 
O observatorio, integrado de maneira respectuosa na paisaxe, permitirá coñecer con maior detalle as especies presentes na lagoa e na contorna do río Sar e favorecerá actividades de educación ambiental, seguimento científico e sensibilización cidadá sobre a biodiversidade urbana.
Esta tarefa corresponde a aquelas que se estan a realizar no Barrio de Cornes, onde se está a executar a acción B4: “çrecualificación e recuperación ambiental da área verde do Barrio de Cornes”.  O proxecto “Entre Sar e Sarela. Renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago de Compostela”, conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.
 
2025/12/09: Remate do novo observatorio de aves na área Verde do Barrio de Cornes.