Actividades

Venres, 19 de Decembro de 2025

2025/12/19: Entre Sar e Sarela deséxalles un feliz Nadal e ventureiro ano 2026





O IBADER agradece a participación no proxecto Entre Sar e Sarela
 
Dende o IBADER queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas, equipos e entidades que participaron e colaboraron no proxecto Entre Sar e Sarela. O compromiso, a profesionalidade e a implicación demostradas ao longo do proceso foron ser chave para avanzar cara a unha cidade máis verde, máis saudable e máis resiliente.

Este traballo colectivo, baseado na cooperación técnica e institucional, reforzou a aposta pola infraestrutura verde, a renaturalización do espazo urbano e a mellora da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos. Grazas á participación activa de todas e todos, seguiremos a construír unha visión compartida e accións concretas para mellorar a conexión ecolóxica e a calidade de vida.

A todas as persoas implicadas: grazas por sumar, por coidar e por facer posible este proxecto. Continuaremos traballando con ilusión en prol da renaturalización e da conservación da biodiversidade
 
Bo Nadal e ventureiro 2026
 
 
O proxecto “Entre Sar e Sarela. Renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago de Compostela”, conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transisción Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan para a Recuperación, Transfromación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationUE.
 
2025/12/19: Entre Sar e Sarela deséxalles un feliz Nadal e ventureiro ano 2026