2025/30/09: Reunión de lanzamento dos proxectos de Renaturalización de Cidades 2024
O IBADER participou o pasado 30 de setembro de 2025, en Madrid, na xornada de lanzamento e presentación dos proxectos aprobados no marco da convocatoria FEDER 2024 para o impulso da renaturalización de cidades, organizada pola Fundación Biodiversidad do MITECO. O encontro reuniu as entidades e cidades beneficiarias dos proxectos seleccionados, orientados ao desenvolvemento e consolidación da infraestrutura verde urbana e á mellora da resiliencia das cidades fronte ao cambio climático.
Durante a sesión realizouse unha breve presentación dos proxectos, permitindo compartir os seus principais obxectivos, liñas de actuación e enfoques de intervención no ámbito da renaturalización urbana. A xornada serviu tamén como espazo de encontro entre a Fundación Biodiversidad e os organismos implicados na convocatoria, favorecendo o intercambio inicial de experiencias e o coñecemento mutuo entre as iniciativas seleccionadas.
A participación do IBADER enmarcouse no proxecto CORUÑA VERDEA, no que é sócio xunto co Concello da Coruña.
O proxecto CORUÑA VERDEA; Natureza, Conectividade e Benestar. Proxecto de renaturalización, mellora da biodiversidade e creación de corredores ecolóxicos urbanos para a consolidación da Infraestrutura Verde da Coruña conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), financiado pola Unión Europea.