O IBADER e o Concello da Coruña participaron nun webinar formativo organizado pola Fundación Biodiversidad baixo o título “La incorporación de la perspectiva de género en proyectos financiados por la fb”.
A sesión, de carácter práctico, estivo orientada a afondar na incorporación da perspectiva de xénero no deseño, desenvolvemento e seguimento de proxectos financiados pola Fundación Biodiversidad. Durante a xornada, as persoas participantes traballaron sobre distintos supostos, o que permitiu reforzar coñecementos e ferramentas para integrar de maneira transversal a perspectiva de xénero na planificación e execución de iniciativas vinculadas á biodiversidade, á sustentabilidade e á Infrastrutura Verde.
O proxecto CORUÑA VERDEA; Natureza, Conectividade e Benestar. Proxecto de renaturalización, mellora da biodiversidade e creación de corredores ecolóxicos urbanos para a consolidación da Infraestrutura Verde da Coruña conta coa financiación da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), financiado pola Unión Europea.