Xoves, 11 de Novembro de 2021

2021/11/11: Nova publicación: Árbores e formacións senlleiras da contorna dos Ancares e do Courel


Nova Publicación das Monografías do IBADER

Dispoñíbel para a súa descarga unha nova Monografía do IBADER, da Serie Cadernos da Estación Científica do Courel.

Bernárdez, J. G, Rigueiro, A., (2020). Árbores e formacións senlleiras da contorna dos Ancares e do Courel. Monografías do Ibader - Serie Cadernos da Estación Científica do Courel 3. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.

Resumo Esta monografía da serie CADERNOS DA ESTACIÓN CIENTÍFICA DO COUREL céntrase no estudo das árbores e formacións senlleiras das serras dos Ancares e do Courel e da súa contorna, un patrimonio natural que se debe conservar e tamén por en valor, pois constitúe un atractivo turístico máis desta comarca que é xenerosa en valores naturais. Despois de analizar o que entendemos por árbore ou formación senlleira analízase o papel dos monumentos vexetais destas serras e da súa contorna ao longo da historia da catalogación dos mesmos en Galicia e ofrécese información detallada das 12 árbores/formacións incluídas na actualidade no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, e tamén de outras 8 que consideramos merecentes de formar parte do catálogo, 3 das cales xa foron propostas.

No último apartado inclúense 11 exemplares non documentados ata o momento, como sinal inequívoca de que con un traballo de campo máis exhaustivo novas árbores e formaciónssenlleiras serían atopadas nestas serras.

Acceso e descarga da publicación
2021/11/11: Nova publicación: Árbores e formacións senlleiras da contorna dos Ancares e do Courel
Compartir
 
Voltar