Día Mundial dos Humidais das Nacións Unidas (02/02/22)
A Convención sobre os Humidais (Convención Ramsar) é un tratado intergobernamental que serve de marco para a acción nacional e a cooperación internacional en prol da conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos que foi asinado o 02/02/1971 na cidade iraniana de Ramsar.
Os países signatarios da Convención sobre os Humidais promoven cada ano a celebración do día dos humidais. Este ano este evento se en un contexto internacional de crecente presión para que se tomen medidas internacionais sobre as crises ambientais, a campaña Acción en favor dos humidais para as persoas e a natureza pide que toda a sociedade valore os humidais e incremente os esforzos para protexelos e restauralos.
Desde a Secretaria Xeral da Convención sobre os Humidais, considérase que: “Os humidais dan vida. Realizan servizos por un valor anual de 47 billóns de dólares dos EE.UU.: isto inclúe case toda nosa auga doce, alimentos, materias primas e medicinas. A pesar destes beneficios críticos, os humidais están a desaparecer tres veces máis rápido que os bosques. É crucial que se inclúan accións para protexer, xestionar e restaurar os humidais no marco da diversidade biolóxica posterior a 2020 e as contribucións determinadas a nivel nacional dos países para que o labor teña un impacto da magnitude necesaria”.
É por iso necesario que toda a sociedade tome medidas urxentes para investir a perda dos humidais, xa sexa mobilizando fondos, transformando prácticas agrícolas, reducindo o malgasto de auga, contribuíndo a esforzos de restauración ou apoiando actuacións de restauración nos humidais locais.
A celebración deste ano marca ademais o primeiro “Día Mundial dos Humidais das Nacións Unidas”, tras a adopción en 2021 da Resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas que o designou como día internacional. A Asemblea Xeral puxo de relevo os servizos cruciais dos humidais para a saúde das persoas e o planeta e recoñeceu a urxencia de protexer os humidais e as súas valiosas contribucións ao desenvolvemento sostible.