Luns, 04 de Abril de 2022

2022/04/04: O grupo musical Otus Scops, de Luarca, estrea o videoclip «Plumero de la Pampa»


Plumero de la Pampa

O grupo musical Otus Scops, de Luarca (Asturias), Otus Scops vén de lanzar o videoclip “Plumero de la Pampa”, unha das cancións que contén o seu último disco “Más Sabroso”, gravado en 2020. O disco contén composicións propias, mestura diferentes estilos musicais e exhibe música fresca e divertida. e con letras enxeñosas. E, no caso de "Plumero de la Pampa", supón facer unha intelixente e axeitada crítica a través da música e do humor, do desleixo con que certas administracións tratan ao medio ambiente.
 

O grupo musical Otus scops, que toma a súa denominación do nome científico do moucho de orellas, formouse a finais de 2012 como un trío de rock instrumental, dedicado á interpretación de clásicos musicais desde os anos 50 ata a actualidade (principalmente música rock, surf, funk, reggae e OST).

https://www.youtube.com/watch?v=IjAh0sBmcEQ
 
2022/04/04: O grupo musical Otus Scops, de Luarca, estrea o videoclip «Plumero de la Pampa»
Compartir
 
Voltar