Martes, 26 de Abril de 2022

2022/04/26: Visita técnica a Irlanda para o establecemento de redes con outros proxectos LIFE


Visita técnica a Irlanda para o establecemento de redes con outros proxectos LIFE

Estas visitas supoñen un paso necesario e importante para o IBADER no establecemento de novos contactos e redes a nivel europeo.

O pasado 26 de abril, o IBADER do Campus Terra realizou unha visita técnica a proxectos LIFE en Irlanda, como LIFE13 NAT/IE/000144 “LIFE KERRY” ou LIFE18 NAT/IE/000090 “LIFE Atlantic Crex”. Estas visitas facilitaron a promoción e intercambio de boas prácticas e experiencias, así como o traballo colaborativo entre os proxectos e as institucións implicadas, promovendo a replicabilidade e transferibilidade dos resultados dos proxectos LIFE liderados polo IBADER: LIFE BACCATA, LIFE FLUVIAL, LIFE IP PAF-WILD ATLANTIC NATURE e LIFE INSULAR.

A realización destas visitas supón para o IBADER un paso necesario e importante á hora de establecer novos contactos e redes a nivel europeo, incorporando as conclusións doutros proxectos LIFE, así como as experiencias das organizacións europeas competentes para a xestión e conservación da Rede Natura 2000, e o coñecemento das institucións e investigadores europeos relacionados con esta materia.



2022/04/26: Visita técnica a Irlanda para o establecemento de redes con outros proxectos LIFE
Compartir
 
Voltar