Mércores, 27 de Abril de 2022

2022/04/27: O IBADER asiste á reunión anual de seguimento do proxecto LIFE IP PAF-WILD ATLANTIC NATURE


O IBADER asiste á reunión anual de seguimento do proxecto LIFE IP PAF-WILD ATLANTIC NATURE

A reunión serviu para comprobar o avance do proxecto no último ano, e para avaliar o grao de efectividade das actuacións levadas a cabo.

O Campus Terra IBADER asistiu, os días 27 e 28 de abril, á reunión anual de seguimento realizada por NEEMO ao proxecto LIFE IP PAF-WILD ATLANTIC NATURE (LIFE18 IPE/IE/000002), un proxecto integrado para a conservación de turbeiras de cobertor na Rede Natura 2000 de Irlanda, do que IBADER é un dos beneficiarios asociados, e que se atopa coordinado polo National Parks and Wildlife Service (NPWS).

A visita resultou de gran interese xa que os membros do IBADER puideron dar boa conta do avance do proxecto durante o último ano, creando un grupo de traballo no sur de Europa para a conservación dos ecosistemas de turbeiras, e establecendo sinerxías con a Nottingham Trent University (NTU) para levar a cabo diversos estudos e investigacións de avaliación dos diferentes procesos de impacto sobre as turbeiras a nivel mundial.

Visitáronse as localizacións do proxecto, así como interesantes intercambios co resto de socios implicados no proxecto: Department of Housing, Local Government and Heritage (DHLGH); Department of Agriculture, Food and Marine (DAFM); Bord na Móna; Teagasc; Failté Ireland; Raidio Teilifis Eireann (RTÉ); The Heritage Council; Northern & Western Regional Assembly (NWRA); Coillte Nature.

A realización desta visita revelou a necesidade de levar a cabo estratexias globais para a restauración dos hábitats de turbeiras, non actuando só sobre os ecosistemas, senón implicando a todos os axentes implicados.

2022/04/27: O IBADER asiste á reunión anual de seguimento do proxecto LIFE IP PAF-WILD ATLANTIC NATURE
Compartir
 
Voltar