Xoves, 19 de Maio de 2022

2022/05/19: Seminario para a celebración do Día da Rede Natura 2000 e do seu 30 aniversario en Europa


O  vindeiro 26 de maio de 2022, con motivo da celebración do Día da Rede Natura 2000 nesta anualidade e do seu 30 aniversario en Europa, temos programado un seminario centrado nas principais conclusións e aprendizaxes obtidas polo proxecto LIFE Fluvial durante estes anos de traballo en materia de recuperación ambiental de corredores fluviais, que terá lugar no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. CEIDA (Illa de Santa Cruz, Oleiros -A Coruña-).
 
Na organización da xornada participan o IBADER, EMALCSA e a RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO.
 
Dado o interese do evento, gustaríanos trasladarvos a invitación a asistir ao mesmo, cuxo programa detallado podedes consultar no arquivo que se axunta.
 
Por motivos de aforo e dos cálculos para o xantar e, se así o considerades, para a visita da tarde, resulta imprescindible realizar unha inscrición previa que poderedes formalizar na seguinte ligazón:

Inscripción no seminario Rede Natura 2000
 
2022/05/19: Seminario para a celebración do Día da Rede Natura 2000 e do seu 30 aniversario en Europa
Compartir
 
Voltar