Sábado, 14 de Maio de 2022
2022/05/14: O Director do IBADER nomeado Biólogo do Ano polo COBG
O nomeamento tivo lugar durante a celebración do DÍA DO/A BIÓLOGO/A 2022 polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. Durante a celebración do acto foron recoñecidos os/as colexiados/as que levan 25 anos inscritos/as. Tamén entregáronse o premios: Bióloga/o do Ano, Empresas e Institucións do Ano e Membros de Honra.
- Bióloga/o do Ano:
A Dª Marisa Castro Cerceda polo seus mais de 30 anos de traballo na investigación e divulgación no eido da micoloxía.
A D. Pablo Ramil Rego polo seus mais de 30 anos de traballo como botánico experto en ordenación do territorio, economía circular, lexislación ambiental e xestión de espacios protexidos.
- Premios Gran Empresa /Institución:
Ao Grupo Zendal pola contribución da compañía desde a súa fundación, no ano 1939, á investigación e desenvolvemento de produtos inmunológicos e en especial de vacinas humanas e veterinarias, tanto clásicas como de tecnoloxía recombinantes e en recoñecemento do importante número de biólogos/as que traballan nela. Recolleu o premio D. Andrés Fernández Álvarez-Santullano, Director General del Grupo Zendal.
Ao INTECMAR en atención especialmente ao seus mais de 20 anos de traballo no control da calidade do medio mariño e control técnico-sanitario dos produtos do mar. Recolleu o premio Dª Covandonga Salgado Blanco, Directora do Intecmar.
- Premios PEME/Institución:
A AllGenetics polos seus traballos punteiros en estudos xenómicos mediante o emprego da bioinformática e técnicas de secuenciación xenéticas, tanto a nivel nacional camo internacional e en recoñecemento do importante número de biólogos/as que traballan nela. Recolleu o premio D. Antón Vizcaino Hermida, Director do Laboratorio AllGenetics.
A Investigal en atención especialmente ao seu compromiso en prol do sector da investigación en Galicia. Recolleu o premio Dª Elena Lendoiro Belío Presidenta de Investigal.
- Membros de Honra
A Dª Mercedes Casal Jiménez pola súa relevante e notoria contribución ao desenvolvemento da profesión de biólogo como Decana do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, impulsando a profesión e a colexiación na nosa Comunidade e establecendo as bases do que é o Colexio actual.
A D. Pelayo Míguez Baños pola súa relevante e notoria contribución ao desenvolvemento da profesión de biólogo como Decano do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, levando ao Colexio a ser referente dentro dos Colexios de Biólogos a nivel nacional.
Finalmente viviuse un emotivo momento ao facer entrega o Decano dunha placa ao ex-xerente do COBGA, D. José Manuel Meléndez Ferro, en agradecemento polos seus máis de 25 anos aa frente da oficina colexial.